Alfonso Costa

  • anos 2005-2010

  • anos 2000-2004

  • anos 90

  • anos 80

  • anos 60-70

2005, Exposición antolóxica “A vertixe da mirada”. Pazo de Fonseca e Igrexa da Universidade, USC. Participa no I Encontro de Pintura e Poesía de Mariñán organizado pola Deputación de A Coruña. I Encontro de Creadores do Barbanza, Porto do Son (A Coruña). Deseña o cartel “Fórmula de Futuro” para as Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional de Carnota (A Coruña). 13º Art Solidari contra la sida, Casa Elizalde de Barcelona. Performance artística na Galería Artefacto “El Arte del desnudo” de Riveira (A Coruña). Exposición “Os Gozos e as Sombras” 10+10, Fundación Torrente Ballester, Santiago de Compostela. Expón “Ad Libitum” na Galería Ana Vilaseco de A Coruña. Deseña o cartel para as IV Xornadas de Historia e Cultura de Porto do Son (A Coruña). Exposición “Hombro a Hombro” Alfonso Costa-Manuel Patinha, na Sala de Exposicións do Palacio Municipal de Santo André. Sao Paulo (Brasil). Realiza un mural de cerámica de 40 metros cadrados para a fachada principal da Sociedade Liceo de Noia. 2006, Exposición Homenaxe a Freud, Santiago de Compostela. Pinta a Cúpula e varios murais no interior da renovada Sociedade Liceo de Noia. Viaxa a Níxer coa ONG- Acción contra a Fame, e realiza fotos e debuxos para un proxecto de cartafol de gravados. Participa nas II Xornadas de Arte no Pazo de Mariñán. Expón na Sala Francisco Creo do Liceo de Noia. Accións Estratéxicas,(Arte actual na Deputación da Coruña), Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Imparte o XI Curso de Gravado na Sociedade Liceo de Noia. Participa no I Encontro coa Arte, homenaxe a Rosalía de Castro- Concello de Brión (A Coruña). Exposición “Cinco visións do Barbanza” na Galería Bomarzo de Riveira (A Coruña). Pinta unha serie de traxes de noiva para a colección da deseñadora Charo Álvarez (Charoa). Ilustra o libro de poemas “Desconcerto” de Eva Veiga, Ed. Biblos. Participa na Feira “Puro Arte”, Vigo. Participa na colección de gravados “Juego de la Oca” para a Fundación Vicente Ferrer. 2007, Ilustra “A Costureira poeta”, libro escrito por Xosé Agrelo Hermo, sobre a vida de María Mariño- Letras Galegas- Xunta de Galicia. Exposición de fotografías “Nixer” en Portas Ártabras de A Coruña, Galería Sargadelos de Ferrol, Coliseo Noela de Noia, Biblioteca Provincial de Lugo.. Grava 5 augafortes sobre Níxer, con poema de Francisco X. Fernández Naval para Acción contra a Fame. Participa nas III Xornadas de Arte e Poesía, Pazo de Mariñán organizadas pola Deputación de A Coruña. Ilustra as revistas “Casa da Gramática” e “Alameda” de Noia. Expón no Centro Internacional do Gravado de Betanzos. Participa na exposición Penta-Grama, Casa da Cultura de Pobra do Caramiñal. (A Coruña). Ilustracións para a Revista de Poesía Reverso, dedicada a Galicia- Mexico. Imparte o XII Curso de Gravado, Liceo de Noia. Deseña os carteis das IX Xornadas de Patrimonio do Concello de Lousame e IX Xornadas de Homenaxe a Valle Inclán de Pobra do Caramiñal,(A Coruña). Participa no curso de Pintura Chinesa, impartido polo profesor Li Chi Pang en Bellas Artes de Pontevedra. Exposición do Clube de Prensa de Ferrol- Centro de Arte Torrente Ballester. 2008, Publicación do libro “ALFONSO COSTA” escrito por Ánxeles Penas e Eva Veiga para a colección Grandes Pintores, editado pola Deputación de A Coruña. Deseña os personaxes e fondos para a curtametraxe “O Soldadiño de Chumbo” producida por Continental Produccións. Realiza a portada e ilustracións para a revista das Festas de Ombre (Pontedeume). Exposición “Entredós” con Manuel Ayaso. Fundación Museo do Gravado de Artes, Riveira (A Coruña). Exposición Homenaxe á Música, Madrid. III Encontro de Pintura e Poesía homenaxe a Blanco Amor, Concello de Brión. Pinta o cartel das Festas Patronais de Noia. Imparte o XIII Curso de Gravado na Sociedade Liceo de Noia. Participa no Salón d’Automne de Paris. Sarria. Pregoeiro das Festas de San Bartolomeu de Noia. Invitado aos Encontros Europeos de Arte en Passau (Alemania). “Visións” : exposición na Galería Sargadelos de Ferrol. Mostra Audiovisual no Centro Galego e no Patronato da Cultura Galega de Montevideo (Uruguai). Pinta un cadro de 200x200cm. para o Museo da Emigración Galega de Bos Aires (Arxentina). Invitado a participar nas Xornadas Internacionais do Gravado Contemporáneo Ingráfica, Cuenca. Exposición Galega de Arte Contemporánea, Viana do Castelo (Portugal). Participa na Feira Puro Arte, Vigo.2009, Caixanova itinerante en Vigo, Pontevedra e Ourense. Exposición "Anatomía do silencio", Moret Art. Deseña o cartel das Festas do Entroido do Concello da Coruña. Exposición Arte na Provincia “Espazo e Creación”, organizada pola Deputación da Coruña. Deseña carteis para a Festa da Camelia Ría de Noia-Muros e Festival Parkinson de Ferrol. Homenaxe da Concellería de Cultura de Culleredo “pola súa traxectoria vital e artística” no decurso dos II Encontros de Pintura e Poesía. 2010, Caixanova organiza unha exposición antolóxica da sua obra “Grandes Artistas Gallegos”, Vigo, Pontevedra, Ourense. Participa en Espacio Atlántico no Stand de Moret Art Espacio, Vigo. Exposición “Visións da Camelia” Museo de Pontevedra. Participa no 3º Encontro de Arte de Culleredo. Exposición Gran Formato, Noia, Ferrol. Ilustra o libro de poesía “En mares de coherencia” de Antón Borrazás da Editorial Boreal, A Coruña. Colabora no libro “Níxer” con poesía e ilustracións, Edicións Xeráis de Galicia. Participa no 5º Encontro de Pintura en Brión (A Coruña). Imparte o XV Curso de Grabado no Liceo de Noia. UIMP invítalle a participar no seminario “A universidade que nos agarda. Encontro cos novos estudantes universitarios de Galicia”, Bamio (Pontevedra). Expón na Galería Sargadelos-Barbanza de Boiro (A Coruña). Deseña imaxes artísticas para “Elas falan” recital poético musical do Grupo Ouriol noteatro Rosalía de Castro, A Coruña. Ilustra o relato “O Círculo Ígnio” para a revista Alameda, escrito por Agustín Agra, Liceo de Noia.

2000, deseña as portadas para El hijo del emigrante, escrito por Albino Mallo; Alento de gaita de Óscar Losada Castro e Os misteriosos camiños de Compostela de Louis Charpentier. Pinta o cartel para as Festas de San Marcos de Noia e XIII Baixada das Carriladas, Esteiro (A Coruña). Expón na Galería Coral Gables de Miami. Imparte o VI Curso de Gravado no Liceo de Noia. Deseña as cubertas da serie Keltia da Editorial Toxosoutos (Noia). Exposición "Memorias" no Liceo de Noia. Ilustra a Revista de Creación Literaria e Cultural Casa da Gramática, lES Virxe do Mar e Revista Alameda da Sociedade Liceo, Noia (A Coruña). 2001, expón no Museo Valle-Inclán de Pobra do Caramiñal, Casa da Cultura de Pontedeume, O erotismo na Arte, exposición "Gritosilencios", Coliseo Noela e Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia (A Coruña). Pinta o cartel para o XVIII Rali Ría de Noia. Ilustra o libro de poemas Na terra das mil coisas, da escritora portuguesa Gilda Nones. Editora Ausència, Lisboa. (Portugal). Deseña o anagrama e portadas para a colección "Trasmontes", da Editorial Toxosoutos de Noia. Exposición "Memoria Futura", Casa da Parra, Santiago de Compostela. Imparte o VII Curso de Gravado na Sociedade Liceo de Noia. Pinta 120 metros cadrados, decorando todo o teatro (Cúpula e laterais), Casa da Cultura de Porto do Son (A Coruña). Pinta un mural na entrada principal da Sociedade Liceo de Noia. Participa nas "Xornadas Culturais", na Illa de San Simón, organizadas pola Xunta de Galicia, (Pontevedra). Expón Fauna de papel na Sala de Arte del Como Galego (Santiago de Compostela). Deseña o cartel para o 1º Premio de Relatos de Aventuras Avilés de Taramancos. Alfonso Costa, libro escrito por Eva Veiga para o volume de Artistas Galegos-Pintores. Realismo da Editorial Nova Galicia Edición S.L. (Vigo). 2002, deseña os trofeos escultóricos para os Premios de Investigación de Historia Medieval e Relatos de Aventuras (Noia). Ilustra os libros Seres Galegos das Augas de Xosé Teijeiro e Frai Samuel de Ramón Carredano, Editorial Toxosoutos (Noia). Colabora no Homenaxe a "Francisco Fernández del Riego", Fundación Premios da Critica, Vigo. Imparte o VIII Curso de Gravado Liceo de Noia. Pinta o cartel para "0 Peirao dos Soños", homenaxe a Avilés de Taramancos da Escola de Teatro del Liceo. Grava Eco del Pasado para as I Xornadas de Historia e Cultura en Porto do Son. Deseña o anagrama para o Instituto Virxe do Mar (Noia). Pinta os carteis: "Imos Vence-la Fame", Acción Contra a Fame e "VII Congreso Internacional Didáctica de Lengua-Literatura" (Santiago de Compostela). Deseña a etiqueta para o viño Amadeus, Vinícola do Ribeiro (Ribadavia). Pinta o cartel para a "25 carreira pedreste", organizada por El Correo Gallego de Santiago. Expón na Galería Trebellar de A Coruña e Galería La Campana de Santiago de Compostela. 2003, deseña o cartel para Ancora Produccións "Hai que romper" e Portada de La Voz de Galicia, con motivo das Letras Galegas, Avilés de Taramancos. A Sociedade Liceo de Noia noméalle Socio de Honor. Ilustracións sobre Avilés de Taramancos, Departamento de Filoloxía Galega. Universidade de Santiago de Compostela. Pinta o cartel "75 anos" Liceo de Noia. Esculpe "O Vixía do Mar" para a Xunta de Galicia (Letras Galegas 2003). Deseña as portadas para os libros: Avilés de Taramancos escrito por Aurora Marco, Ed. Toxosoutos, (Noia) e Antón Avilés de Taramancos, escrito por Lola Arxóns e Xavier Castro. Ed. Xerais, (Vigo). Realiza "O Crisol da Memoria", escultura situada na estrada de Noia a Santiago. Deseña o cartel para as "Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional", Carnota (A Coruña). Escultura homenaxe a Avilés de Taramancos A nao do ar (Noia). Expón na Galería Shatevin, (Barcelona). "Espacio da Cor", lES Virxe do Mar de Noia. Imparte o IX Curso de Gravado no Liceo de Noia. Pinta o cartel da "V Feira Medieval" de Noia. Participa coa Universidade de Santiago de Compostela no XXII Congreso "Outros Linguaxes en Educación", Sitges (Barcelona). 2004, "Exposición Pintores e Escultores Noieses", Coliseo Noela de Noia. Sempre en Galicia, Producións Culturais Artesa (A Coruña). Imparte un taller de pintura en Dortmund. (Alemaña), Deseña o cartel "Galicia da emigración e Galicia da inmigración", ICE Universidade de Santiago de Compostela. A Asociación de Empresarios de Noia concédelle O berberecho de Prata. Deseña os carteis "As pegadas do camiño" para Acción contra a Fame (Galicia) e "Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional de Carnota" (A Coruña). Participa en "As pegadas do camiño", Pintura-Poesía no Camiño: do Cebreiro a Compostela, organizada por Acción contra a fame (Galicia). Imparte X Curso de Gravado, Liceo Noia. Participa en "Estampa", (Madrid). Mostra colectiva "Lembrando a Dalí" Sala Araguaney (Santiago de Compostela). Exposición "Retrospectiva de gravado" no Museo de Artes del Gravado, Ades (A Coruña). Exposición sobre o Camiño Xacobeo, no Palacio del Carmen (Santiago de Compostela). A Asociación de Artistas Plásticos de Galicia outórgalle a Paleta de Prata pola su traxectoria artística. Colectiva "As Pegadas do Camiño" na Fundación Granell. (Santiago de Compostela).

1990, exposicións en Galería Cincuecento (Barcelona), "5 irmáns" na Casa de Cultura de Noia (A Coruña), Casa de Cultura de Ulldecona (Tarragona). Pinta o cartel "Ball de Manteins" para o Concello de Ulldecona (Tarragona). Deseña o cartel anunciador das Festas de Primavera de Arnsberg (Alemaña). Participa na "III Noche de la Pintura", Salou (Tarragona). Pinta unha serie de cadros, inspirados nas pinturas prehistóricas descubertas nas proximidades da hermita de Nuestra Señora de la Piedad de Ulldecona (Tarragona). Seleccionado para a exposición "Revisión dunha década", Santiago, Vigo. Deseña a etiqueta para o cava "Almirall de Figuerola", de Ozcariz-Raventós (Barcelona). Expón en Fondo Internacional de Pintura (Barcelona). Participa en Art-Inter (Valencia). Ilustracións para o Quixote, tradución ao galego de Editorial Xuntanza, S.A. Publícase o libro Alfonso Costa, escrito por José Manuel García Iglesias. Ediciones Dube. (Barcelona). 1991, exposición "Debuxantes galegos" en Galería Sargadelos de Ferrol. Expón en La Galería (Barcelona), Palacio Oriol (Tortosa), Galería Citania (Santiago de Compostela). Grava El Cofre Árab con poemas de Gerard Vergés. Participa no "Homenaxe a Laxeiro", Galería Citania. Deseña a carátula e os carteis para o programa de TVG "Galicia no tempo". Participa en "14 gravadores galegos", Cámara Municipal de Amadora (Portugal). Ilustracións para a revista Luzes. Pinta varios murais en Área Beethoven de Barcelona e Polideportivo de Ulldecona (Tarragona). Seleccionado para a exposición "Medio Século de Arte Galega" (Lisboa). Ilustra o libro Cunqueiro, escrito por Manuel Fraga, editado pola Xunta de Galicia. Ilustra El Ojo de Dios, libro escrito por José Antonio Parrilla (A Coruña). Ilustracións para Boletín Galego de Literatura da Universidade de Santiago de Compostela. Grava Soños e cores con texto de Xavier Costa Clavell. Participa na Fira Internacional Grafic-Art de Barcelona. 1992, expón na Galería Obelisco de A Coruña, en Sargadelos (Ferrol), Caja Madrid (Madrid) e Liceo de Noia (A Coruña). Participa en ADICAT, Mercat del Bom (Barcelona). Feria Internacional de Arte Inter (Valencia). Realiza os decorados para "A conta atrás" da Televisión Galega. Deseña o stand da firma Escurís, Alimentaria (Barcelona). Realiza unha escultura para os Laboratorios Esteve de Barcelona. Pinta o cartel da V Semana de la Cocina Galega (Barcelona). 1993, expón na Galería Casrey e La Galería en Barcelona. Deseña o cartel para as Festas Quinquenais de Morelia, Alcanar e Ulldecona. Grava Salve Urbe Magna de Producións Culturais Artesa (A Coruña), imparte o I Curso de Gravado, Casa da Mocidade (Noia). 1994, grava Paisaxes do Baleiro, con poemas de Eva Veiga. Participa na II Feira de Debuxo en La Galería (Barcelona). Expón en Sargadelos (Santiago de Compostela- Ferrol), Rincón del Arte (A Coruña), Centro Cultural Alhadros (Ibiza), Casa de la Cultura (Ulldecona), Casa de Galicia (Madrid). Exposición "Centenario del Cercle Artísti de Sant Lluc" (Barcelona). Participa en Estampa (Madrid). 1995, deseña o cartel para el "125 Anys de Música de Alcanar" (Tarragona). Expón na Fundación Caixa Galicia (A Coruña-Santiago de Compostela). Exposición "14 Grabadores Contemporáneos", Centro Cultural Español, Juan de Salazar, Asunción (Paraguay). Exposición "Con outros ollos", Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia (A Coruña). Pinta o cartel con motivo das Festas Patronais de Noia. Imparte o 1° Curso de Gravado no Liceo de Noia. 1996,  Participa na Feira Internacional de Arte de Barcelona. Expón na Galería Rincón del Arte (A Coruña). Imparte o II Curso de Gravado Liceo de Noia e o 1° Curso de Gravado organizado polo Concello de Ferrol. Exposición "14 Grabadores Contemporáneos", Centro Cultural Borges de Bos Aires. Exposición sobre "0 desnudo", Fundación Caixa Galicia. Participa na exposición "Imaxe e palabra", dedicada a Antón Avilés, da fotógrafa María Esteirán na Casa da Cultura de Noia. Deseña a cuberta para o libro de Aurora Marco Estudios sobre Mujer, Lengua y Literatura de la Universidade de Santiago e de Las Palmas de Gran Canaria. Publica o libro de poemas " 0 espello de papel", Editorial Toxosoutos, Noia. 1997, expón en la Galería Bozënna en Barcelona. Deseña a portada para o Directorio Anual de Artes Plásticas (Barcelona). Participa na Feira Internacional de Arte de Barcelona. Seleccionado para a exposición “Galicia terra única” (Vigo e Ferrol). Exposición itinerante "Aprendamos a ver la Pintura”, organizada pola Fundación Caixa Galicia. Imparte o III Curso de Gravado no Liceo de Noia. Exposición Museo Nacional de Bellas Artes (Rio de Janeiro), Galería Clérigos (Lugo), "14 Grabadores Contemporáneos" (México). Exposición "Homenaxe a Gurméndez" (Pontedeume). Exposición "Autorretratos", Caixa Galicia. Deseña a portada para o libro de Aurora Marco Lingua, Literatura e Arte de la Universidade de Santiago. Participa na Bienal Internacional do Deporte nas Belas Artes (Barcelona). 1998, expón en Atlántica, Centro de Arte (A Coruña), Deputación Provincial de Xaén, Galería Brétema de Ferrol, Galería Bernak de Worpswede (Alemaña). Colabora na I Xuntanza de Xoves Artistas, Gandario (A Coruña). Imparte un obradoiro de Arte en Cazorla organizado pola Deputación de Xaén. Exposición colectiva con Manuel Ayaso, Rafael Masiá y Xoán Pardiñas, Casa da Cultura de Riveira (A Coruña). Imparte o IV Curso de Gravado no Liceo de Noia. 1999, deseña os carteis para “Festa da Fervenza" de Mazaricos (A Coruña) e Colexiata de A Coruña. Pinta dos murais no Coliseo Noela de Noia e ilustra a portada do libro 25 anos despois (Liceo-Noia). Seleccionado no X Premio Olense Kartoenale (Bélgica). "Homenaje a Laureano Álvarez", Casa da Cultura Salvador de Madariaga (A Coruña). Exposición "Memoria do Espacio", no Centro Torrente Ballester de Ferrol. Imparte o V Curso de Gravado no Liceo de Noia.

1980, expón na Sala Brook (Barcelona), no Palacio Solleric (Palma de Mallorca), na Galería Catro (A Coruña), Caja General de Ahorros e Monte de Piedad de Granada (Jaén). Grava con Caty Juan, Concha Ibáñez e Pascual Casaubón, Homenaxe a Zabaleta, Quesada (Jaén). Realiza a carpeta de augafortes Homenaxe a Goya. 1981, expón na Galería Citania de Santiago de Compostela e na Caixa de Ahorros de Vigo. Seleccionado para participar na Bienal Iberoamericana de México. Participa na exposición "Artistas catalanes a Picasso" (Barcelona), Ciclo de "Pintura Galega" en Vigo. Deseña a cuberta para o libro de Alfonso Muñoz Cantos, Panorama de las Artes Plásticas (Barcelona), Ilustracións para o libro La concreta poesía de los científicos, con poemas de Cesáreo Rodríguez Aguilera. 1982, expón nas galerías Lleonart (Barcelona), Alfredo de Santa Eulalia (Ibiza), Sementeira en Noia, Joaquín Mir (Palma de Mallorca) e no Salón de Artistas Galegos de A Coruña. Realiza os carteis das Festas Patronais e da VIII Subida ao Iroite de Noia (A Coruña). 1983, expón na Galería Abracadabra (Vigo), no Museo Bello Piñeiro (Ferrol), na Galería Catro e na Sala Municipal do Concello de A Coruña. Seleccionado para o VIII Salón de Arte e Artesanía dos Países Celtas, en Loirent (Francia). Ilustra o libro La Señorita de Scuderi, de E. Th. Amadeo Hoffman. Obtén unha bolsa de estudos do Ministerio de Cultura (Madrid). 1984, o Concello de Noia concédelle a medalla da Villa. Expón na Galería Citania (Santiago de Compostela), Sementeira (Noia) e Alfredo de Santa Eulalia (Ibiza). Participa na Bienal Internacional de Pontevedra e no Premio Internacional de Arte de Montecarlo (Francia). Grava a carpeta A Rosalía de Castro. Deseña o cartel e ilustracións para o XXXI Festival de Amigos da Ópera de A Coruña. Ilustra a portada do libro Escolma da poesía galega 1976-1984, de Xosé Lois García e realiza a cuberta da revista Escrita (Barcelona). Serveis Editorials de Barcelona publica o libro Alfonso Costa, escrito por Xavier Costa Clavell. 1985, expón na Galería Scala (Barcelona), no Concello de Ulldecona (Tarragona) e na Sala da Caixa de Barcelona. Sant Sadurni d'Anoia, (Barcelona). Participa na Feira Internacional ARCO de Madrid. Ilustra o libro 0 Conde de Viloide, de Xavier Costa Clavell e Memòries dun nen pagés, de Xosé Neira Vilas. Realiza o cartel da Cabalgata de Reis en Noia (A Coruña). Pinta sendos murais no antigo edificio Leyma (A Coruña) e no Instituto Xelmírez de Santiago de Compostela. 1985-1986, pinta unha serie de murais nos patios da Penitenciaría de Jóvenes de Barcelona. Ilustra a cuberta do libro de Manuel Rodríguez, Gallegos en Cataluña-2. 1986, expón na Galería Esfinge. Xenebra (Suíza), na Galería A. Binhold (Alemania) e Skyros de Ibiza. Pinta conxuntamente con Guerrero Medina 300 metros na Cárcere Modelo de Barcelona. Realiza unha serie de pinturas sobre o castelo de Höllinhofen (Alemania). Publícase o libro Alfonso Costa. Conversaciones sobre vocación, pintura y manierismo, escrito por José de Castro Arines. Ed. Sotelo Blanco, Barcelona. 1987, pinta un mural no colexio San Roque de Viveiro (Lugo). Exposición de pintura organizada pola cidade de Menden (Alemaña). Expón na Galería Skyros (Ibiza), Casa da Parra (Santiago de Compostela) e Sala Municipal Durán Loriga (A Coruña). Participa na mostra "El Retrato en Cataluña" (Barcelona). Realiza un cartel para Henri Abelé (Francia). Pinta o cartel das festas de Primavera de Arnsberg-2 (Alemaña). Deseña o cartel das festas patronais de Noia (A Coruña). Ilustra o libro de Xavier Costa Clavell, Restaurantes Gallegos en Barcelona. A Casa Henri Abelé dedícalle unha rúa nas cavas de Reims (Francia). 1988, invitado de honor no 750 Aniversario da Cidade de Arnsberg-1 (Alemaña). Seleccionado para a exposición itinerante de "Vangardas e Silencios". Expón na galería Skyros (Ibiza), Galería Pardo Bazán (A Coruña), Es ganador del Premio Pérez Villamil de debuxo (Ferrol). Pinta un mural no Instituto Virxe do Mar de Noia e na cidade de Arnsberg (Alemaña). Grava a carpeta A illa verde con poemas de poetas galegos. Pinta unha serie de retratos sobre Otero Pedrayo. O grupo "Mareusa"  concédelle a Medalla de Honor (Barcelona). Expón no Kiosco Alfonso de A Coruña e na Sala de Caixa Postal de Santiago de Compostela. A Xunta de Galicia (Presidencia) encárgalle 25 pinturas sobre un conto de Álvaro Cunqueiro. Imparte un curso de pintura en Arnsberg (Alemaña). 1989, grava a carpeta Compostela con poemas de Salvador García Bodaño, para o Concello de Santiago de Compostela e un augaforte Keltoi para TVG. Expón en Caixa Vigo, Casino de Viveiro, Galería Sargadelos de Santiago de Compostela e Galería Dama de Calafeli (Tarragona). Deseña o cartel das Festas Patronais de Noia. Ilustra o libro escrito por Costa Clavell, Gastronomía Gallega en Barcelona. Colabora no libro Tradicións, mitos, crenzas e curandeirismo en medicina popular de Galicia, de Xesús Vázquez Gallego. Exposición de esmaltes con Julia Ares, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela. Participa na Exposición "Mundos", Casa da Parra (Santiago de Compostela). Grava Ermitaños celestes para o Banco Pastor (A Coruña).

Anos 60

1967, expón en Xaén. 1968, expón en Noia (A Coruña). O Centro de Iniciativas e Turismo de Noia, concédelle a Empanadeira de Prata. 1969, expón na Galería Toisón (Madrid).

Anos 70

1970, Seleccionado para a exposición itinerante por América organizada por o IX Concurso de Debuxo Joan Miró. Expón na Sala Jaimes de Barcelona. 1971, exposicións no Taller de Picasso e Sala de Arte Moderno (Barcelona) e na Galería Toisón (Madrid). 1972, expón na Galería Latina (Palma de Mallorca) e na Galería Trece de Barcelona. A Fundación March concédelle unha beca de estudos en Florencia (Italia). 1973, participa na Feria Internacional ART 4 de Basilea (Suíza). Expón na Galería Trece de Barcelona. 1974, expón na Galería Seen en Londres. Realiza o cartel dos V Juegos Provinciales de L’Hospitalet (Barcelona). Participa nas Ferias Internacionais de Basilea (Suiza) e París (Francia). Acude ao Curso Internacional de Pintura Mural en San Cugat del Valles (Barcelona). Expón na Galería Maestro Mateo (A Coruña) e Fondo de Arte (Madrid). 1975-1980 grava conxuntamente con Pujol Boira, as series de gravados La Princesa Alba y Barcelona. 1976, expón na Galería Arts (Valencia), en Galería Trece (Barcelona) e na Galería Torques (Santiago de Compostela). Participa na exposición "Amnistia, Drest Humans i Art", Fundación Miro (Barcelona). 1977, grava con Concha Ibáñez a carpeta de augafortes Longa noite de pedra, sobre poemas de Celso Emilio Ferreiro. Seleccionado para a exposición "Artistas Españoles Contemporáneos", Museo de las Américas, La Habana (Cuba) e Fundación Gulbenkian, Lisboa (Portugal). Expón na Galería Torques de Santiago de Compostela.1978, grava 10 augafortes para a carpeta Tempo de Compostela, con poemas de Salvador García Bodaño. Es seleccionado para o Premio Europa de pintura en Ostende (Bélxica). Expón na Galería Torques (Santiago de Compostela), Galería Sargadelos de Madrid e en Galería Ceibe de A Coruña. 1979, expón en Galería Trece (Barcelona), Galería Tertre (Mataró), Centro de Estudios Ilerdenses (Lleida) e na Galería Ceibe (A Coruña). 1979-1984, realiza 2.000 metros de pintura mural no Instituto Frenopático de Barcelona. Ilustra para a Voz de Galicia: Mitos y Leyendas, Los oficios gallegos, etc., series escritas por Xavier Costa Clavell.

Créditos

Esta Web foi realizada por Moret Art Consultores, S.L.

C/ Olmos 12-14, 1ºB-C. 15003 A Coruña

Tlf: +34 981 927 376 Fax: +34 981 927 301

Alfonso Costa 2011 . Términos legais . Créditos . info@alfonsocosta.es